Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Avances no sector

Por exemplo, 16/04/2024
Por exemplo, 16/04/2024

No marco de diversos proxectos de I+D+i desenvolvidos na E.D.A.R. de Guillarei, FCC aqualia desenvolveu coa USC unha tecnoloxía para recuperar o fósforo presente no escurrido das centrífugas de deshidratación, precipitando este en forma de cristais de estruvita que se poden colleitar.

No marco de diversos proxectos de I+D+i desenvolvidos principalmente na E.D.A.R. de Guillarei, FCC aqualia desenvolveu coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo unha tecnoloxía para eliminar de forma eficiente o nitróxeno contido nos retornos da liña de lodo.
A optimización enerxética das instalacións adscritas ao Consorcio é outro dos obxectivos prioritarios de xestión, cunha meta que será obter a acreditación ISO 50001 de Eficiencia Enerxética.

O Consorcio de Augas do Louro iniciou a posta en marcha dun sistema de telesupervisión de depósitos que mediante un acceso web, permite o control en tempo real do estado de cada depósito de abastecemento indicando datos de nivel, concentración de cloro libre residual e caudal de auga instantáneo.