Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Entrega de premios do I Concurso de debuxo infantil 'O cilo da agua: unha aventura para valentes'

O pasado 4 de xullo, os alcaldes membros do Consorcio de Augas do Louro realizaron a entrega de premios aos nenos gañadores e finalistas do I Concurso de debuxo que organizou. Ao acto asistiron tamén familiares dos nenos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos, que posteriormente realizaron unha visita didáctica ás instalación da EDAR de Guillarei acompañados polo Xerente do Consorcio.